Benvido a Guimatur

Guimatur é unha asociación que está formada por 19 compoñentes, das cales 17 son mariscadoras e 2 redeiras. Está aberta a todas as mulleres que traballen no sector marítimo-pesqueiro de Cambados (bateeiras, armadoras, mariñeras…). Guimatur nace no ano 2004 a propósito duns cursos de formación subvencionados por fondos europeos (Plan EQUAL) e celebrados no Concello de Cambados en estreita colaboración coa Confraría de Pescadores "San Antonio" de Cambados.
Colaboran: